29.9.09

I MEMORIAL VICTORIANO TRENCO FUTBOL 7

E ó final...no último suspiro, logo de aguantar heroicamente as embestidas dos fenómenos...xusto no último minuto...na súa última xogada de ataque( a última do partido foi a nosa ó sacar) meteron o gol. E fora. Para casiña. No sentido figurado da frase, xa que realmente para onde fomos foi para o BAR MUELLE a tomar as cañas do noso particular TERCEIRO TEMPO. Este 3º tempo facémolo soamente 4 ou 5 xogadores, máis o entrenador e o presidente de honra, i é unha das causas, quizáis a máis importante de xogar nunha liga os domingos á mañán. O certo é que xa se comezaba a extrañar...logo do paron do verán. A partires de agora, e unha vez rematado este torneo, tocará madrugar en serio...xa que nos pode tocar xogar ás 9 da mañán....e ben, aínda que é duro erguerse cedo...o domingo rinde máis.
E nada máis. Soamente desexarlle sorte ó BAR MUELLE para o domingo, xa que penso que son o equipo máis frouxo dos semifinalistas.
Deixo o cadro:

28.9.09

CONCURSO: ADIVIÑA QUEN É


Hoxe vou dar comezo a un concurso curioso. Sei que ninguén deixa comentarios aquí, pero, polo menos podédesvos reir un pouco tratando de descubrir de quen se trata. E aínda que esa cabeleira loira o debería delatar deixovos unha pista: ACTUALMENTE É PROBADOR OFICIAL DE PIRELLI

23.9.09

I MEMORIAL "VICTORIANO TRENCO" FUTBOL 7 VETERANOS


Pois pasamos de ronda. E agora, en cuartos de final vémonos cos vixentes campións de Liga, no Ramón Dieguez de Pontecesures, ás 11:00 da mañá. Trataremos de facelo ben, que por agora o estamos a facer, e a ver si temos un pouco de sorte e os poñemos fora. A ver que pasa. O primeiro que teremos que vencer será o máis que previsible resacón provocado polo cumpreanos do Viga.
XA SABEDES, CLICADE NA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE.

21.9.09

E FUN PESCAR....

...e mellor que non fora.
E fun. E pesquei. Claro que pesquei. Pesquei unha molladura quenilavirgen. E vin a luz. E fixenme unha promesa: NON FACERLLE MÁIS CASO Á PUTA PÁXINA DO CARALLO E NON VOLTAR A IR PESCAR A DEBAIXO DA PONTE DE CATOIRA.
A marea estaba baixa de todo, xa que aínda que tiña idea de ir sobre as 10:00 da mañá...cheguei a Catoira ás 11:30. Pouco despois chegou Barrikelo e nada. Nin unha triste picada. Incluso un vello que andaba ó camarón se queixaba de que non hai peixe na ría: "nin peixe nin camarón sequera". Andaba con un copo, e non daba feito a quitar para ensaladas...pero o que se di tallada...nin a primeira. Segundo nos dixo este é dos peores anos que lembra. Disque antes baixaba i en 10 minutos enchía un caldeiro de camaróns...algúns para pescar e os outros para xantar. E que co paso dos anos... tiña que ir pasando máis e máis tempo para enchelo...pero que o enchía. Este ano...nin o enche....
Ben, esto xa eu o sabía e non precisamente por experiencia propia, xa que teño oído na aldea as historias de que antes se podía ver perfectamente o fondo do rio(ULLA), que cando ían a pescar todo o mundo collía algo, que se lavaba a roupa no propio río...e todas esas cousas que antes se facían...e agora, por unhas ou por outras non se poden facer.
E nada máis. Tratarei de convencer a algún compañeiro máis para ver si se ven o sábado pola mañá a algún sitio máis na costa: Porto do Son, Xuño, ou incluso xa case me serve Rianxo.
Seguirei informando.

18.9.09

MAÑÁN A VER SI VOU PESCAR

Todo depende dos graos que colla hoxe...e dado que non vou ir a Rianxo...pois tratarei de erguerme mañán e aproveitar para ver si collo algo.
Con case toda seguridade os meus colegas a pesquen durante a noite, polo que eu agardo pescala pola mañán.
Hai xa ben de anos que non vou á Guadalupe... e o certo é que non noto en falta nada... sobre todo dende que en BALAIDOS tomaron a rianxeira como himno de seu... ¡¡¡que verjuensa, carallo!!! Dende aquela non canto a Rianxeira nin que mo paghen. E non me importa que sexa unha canción GALEGA. Hai moitas máis. E mellores. Tampouco é que cantase nunca a rianxeira nas festas de Rianxo... pero...dende aquela, nin escoitala.
E nada máis. Deixovos a táboa de mareas para ver si vos serve a algún de vós...e para ver si é certo o que di.
Sorte.

P.D.: AGARDO QUE A PRÓXIMA ENTRADA NESTE BLOG SEXA REFERENTE ÁS MIÑAS CAPTURAS.

15.9.09

I MEMORIAL VICTORIANO TRENCO



Deixo o cadro clasificatorio do torneo. O vindeiro Domingo xogamos ás 11. Estades todos invitados ó Ramón Dieguez de Pontecesures.

Non se ve moi ben, e para velo pinchade na foto, pero xa vos digo eu: DESIGUAL-XOIERÍA RIVEIRO (0-0) É decir que se decidirá todo na volta.

14.9.09

OBRADOIRO DE CONSERVAS




Domingo 20 de setembro no convento de Herbón (Padrón)
Imparte Aurora Calviño, bióloga e monitora de agricultura ecolóxica
• 11:00 horas
Recollemos a froita e aprendemos cousas novas sobre a conservación
• 13:00 horas
Xantar. Traede o voso da casa, nós poñemos o café como de costume
• 14:30 horas
Práctica na cociña:: obradoiro de conservas.
Nota: é importante que traiades tarros de cristal e/ou recipientes de plástico para
as conservas. De forma voluntaria tamén podedes colaborar con azucre de caña
ecolóxico.
Inscrición:
Envíanos un mail a sementar@gmail.com ou chámanos ao 617 260 670
Socios/as: 3 euros
Non socios/as: 5 euros
Organiza:
Colaboran: