16.4.10

16 de Abril de 1981

O incesante movemento fornicacional promovido pola profecía do nacemento do FANECA comezaba a dar os seus froitos. Á aldea xa chegaran un par de fémeas e o número de mulleres preñadas na Ponte comezaba a superar a ducia nunha proxeción sen iguais. Isabel e Cortés xa tiñan un neno na casa, e ardían en desexos de que o terceiro bebé nado na aldea nese ano tamén fose muller.
Era xoves. Xoves Santo e quizáis a última cea de Xesús cos seus colegas fose outra premonición, xa que nacer séculos despois de dita celebración non auguraba outra cousa que non fose ¡¡¡FESTA!!!
Cortés sabía que aquel ano ía a aforrar nas chilindradas da Pascoa co seu primoxénito, xa que Isabel estaba a piques de botar un ansia fóra...e vaia si a botou. Non foi nena, como Isa quería, pero maneiriñas tiña. Eso sí, soamente foron uns días. Pronto o xen CORTÉS saíu a relucir e o neno comezou a follarse a todo o que caía na súa cuna: osiños de peluche, robots de xoguete, almofadas, ....todo. Era o primeiro varón nado na aldea aquel ano. Pero non era o elixido. Este estaba por chegar.
O pequeno de Cortés pronto comezou a despuntar en deportes individuais empuxado polo seu pai, e un día, logo de sacarlle os rodíns á bicicleta, seu pai agasallouno con unha bici de carreiras. O rapaz prometía, ata que un mal día un conductor despistado o afastou dos seus soños. Estragoulle a bicicleta e o seu futuro. Aquel sprinter sen rivais non voltou a ser o mesmo...e cambiou a bicicleta polos guantes de porteiro. O resultado foi peor para todos nós e sufrímolo cada partido no pavillón.
O neno comezaba a facerse un home, incluso antes do que á súa nai lle gustaría. O rapaz sentíase atraído pola noite e os arcos convertíanse no refuxio perfecto para largarlle uns pitilliños; un home que sabe fumar bota o fume despois de falar. Como decía, á súa nai non lle gustaba que o neno andivese por ahí, e incluso trataba de castigalo por fumar: "hoxe non saes" decíalle, pero el non atendía a razóns e o impulso por desfrutar cos amigos empuxábao a decir cousas que a súa conciencia non filtraba: "OU ME DEIXAS SAÍR OU RÁJOME!!!" berraba cun coitelo da cociña na man. E claro saía. Saíamos.
Vagou moito tempo polas noites da redonda ata que certa moza o chapou para seu gozo e disfrute. O xen dos Cortés veuse dese xeito levado á súa máxima potencia. E ata hoxe...seguen a facer tremer as paredes do Jarito, que sufren o efecto dominó das paredes do chalé...
A profecía seguía o seu curso e os machos da Ponte comezaban a aparecer no ano despois do nacemento do FANECA. En SUNSET BOULEVARD nacía o primeiro da xeración. Neste caso, o primeiro non foi o mellor. ¿Quizáis o seguinte sería o sinalado? En maio sabremos a resposta.

26.3.10

2 de Abril de 1980


Lémbrome daquel 2 de Abril. Chovía. Moito. E menos mal. O río xa case botaba por fóra. Os pasales do Pombal estaban anegados. O voso señor Xesucristo non tiña conciencia do que estaba a piques de permitir; el que todo o controla(disque). As augas do Ulla baixaban con forza, temerosas porque o acontecemento que se daría aquel día cambiaría a a súa historia. Os vigorosos eucaliptos da Papelera, daquela tan espesa, tremían sabedores de que os seus lombos serían masacrados e pisoteados pola presenza do que estaba por chegar. Eu saltaba de un collón a outro pero xa presentía que aquela inquietude non era normal. Os animais que normalmente desfrutaban da súa estadía na Insua laiábanse, e non só polo feito de que o río puxera en perigo aquel retiro; eran coñecedores de que a boa comida se lles acababa i estaba por chegar a ERA da que os seus ancestros lles falaran, e na que a boa herba sería substituída por simple “pienso”.

E por FIN saíu. Carmen non quería, porque o día anterior picáballe o cú, pero aquel home suxeitado por un bigote non aguantaba as súas ansias e olvidábase de rir polo nariz, soltando un berro de ledicia co puño esquerdo en alto: ¡¡TEN COLA!! E sí. Tiña cola. E aletas laterais. E aleta superior. O ulla xa o sabía. E PIRELLIS integradas. Os eucaliptos tamén o sabían. E as enfermeiras puxéronlle unha bata azul. O burro do seu avó(sen faltar) xa o dixera.

Acababa de chegar ó mundo o FANECA. O futuro creador do imperio e monopolio dos productos agrícola. O hoxe difunto Aurelio propúxolle á súa dona marchar para outras terras. Igual que o hoxe tamén seu compañeiro de retiro, o Xordo. Crían que unha retirada a tempo era unha victoria. O traste co pelo crecho que tiña aterrorizada a media aldea deixou de lado por un momento o bocadillo de Cola-Cao con zucre e subeu ó máis alto dos columpios para cruzar o longueiro superior de un lado ó outro, descalzo, tratando de perfeccionar a súa técnica e impulsado por unha forza superior a el que lle repetía unha e outra vez: “practica Foghete, que o que naceu hoxe pelexarache a hexemonía das cucañas”.

Dende aquel momento os matrimonios da aldea puxéronse a fornicar. Sabían que se achegaba unha época de prosperidade e que como decía a profecía: “o ano seguinte ó do nacemento do FANECA traerá camadas excelentes con resultados inmellorables”. Non se equivocaba. A miña inestabilidade emocional daquel día indicábao. Eu tamén o presentía….

29.12.09

NON-CARTA ÓS NON-REISES MAGOS

Queridos reis Magos:
Este ano fun moi bo e por eso quero que me traiades o seguinte:
Para comezar poderíades probar con un espertador para poder chegar puntual ó choio, xa que non me dou habituado a entrar ás 09:30, e así cumplir coas miñas 8 horiñas de rigor, como ben reflexa o convenio; pero en realidade xa o merquei eu. Así que non o necesito.
Outra cousa interesante sería a PS3. Sería un puntazo, pero deixando a un lado o desfrute que tería queimando xogos eu solo e tendo en conta que os torneos de PES2010 no JARITO son para a PS2, viciaríame na nova e despois non rendiría nos campionatos, rebaixando o meu nivel ó de xente como Killo, Peras...etc. Definitivamente, deixóvolo decidir a vós, pero tampouco a necesito.
Tamén, e sen deixar o tema dos xogos, podería necesitar un par de xogos novos para a PSP, xa que o GOD OF WAR o teño máis mamado que....(QUE CADA UN APLIQUE O QUE VEXA). Os xogos que máis me interesarían serían o "assasin´s creed" ou algún do "gran turismo". Pero non quero tampouco que malgastedes a partida reservada ós meus agasallos en xogos orixinais, xa que conto que de aquí a unhas semaniñas Ruben ma dea pirateado e descargados eses xogos, e varios máis. Tampouco me fan falta.
Vou a necesitar unhas botas de futbol. As que teño agora xa están chegando ó final da súa vida útil. Comezan a descoserse pola parte de abaixo, pero esta temporada aguántana. Que remedio lles queda. Este punto deixollo a calquera que mas queira regalar polo meu cumpreanos. Non mas traiades.
Estou chegando ó final do folio e teño que recurrir ós típicos tópicos de sempre: saúde para a miña familia e amigos, cartos para mín e amor para quen o necesite. Esto sí que é ben que o traiades.
E para rematar, olvidávaseme o máis importante: unha fiquiña na Ponte, para poder facer o "JARITO 2".

Nada máis. Lembrádevos de que aínda que vos siga escribindo a carta por estas datas sigo mantendo a esperanza de que calquera ano vos derroquen e os vindeiros magos sexan REPUBLICANOS.

23.12.09

II ABERTO DA AUTÉNTICA

Enviado por Xermán, estades todos invitados.

BO NADAL A TODOS

Try JibJab Sendables® eCards today!

21.12.09

MERDA DE COMISIÓN

Antes de nada expresar os meus desexos para que ogallá toque lotería de Nadal no número que xoga a comisión de festas.
Ben, pois dende aquí quero facervos saber da ineptitude dos membros da comisión deste ano, tan espabilados como son algúns...e tan inútiles resultaron.
Hai unhas semanas, xa bastantes, no Jarito apareceu un papel no que se invitaba á xente que por alí pasase e o vise se apuntara para facer a reserva da lotería. Eu particularmente anotei 3 décimos, xa que tiña 2 encargas, unha delas para o Viga, que cando lle comentara o do papel me dixo que xa lla reservara alí, entre outras cousas por que ningún membro da comisión lla ofreceu. O papel foi retirado con unha lista de décimos reservados. Gabi, o neto da Paliquera, dixérame un par de veces no jarito que xa tiña a lotería e que xa ma daba, pero eu, como naquelas ocasións non tiña cartos enriba non llos collín e díxenlle que xa os levaría. A cousa quedou así.
A semana pasada chámolle a Gabi para decirlle que ma prepare que a vou coller, e dime que non a ten, que vai falar con Gelucho para ver si sobrou algunha. ¿como pode ser? Cando eu estiven da última vez na comisión, hai 2 anos, pasou algo parecido, pero non por culpa da comisión. Houbo quen non iba a querer lotería e non a reservou, e cando despois acordou, cambiou de idea e a quixo, a comisión tivo que deixar ÓS QUE NON ERAN DA PONTE sen ela, para darlla a eles. Eu non digo que lla quiten a ninguén para darma a mín, pero si a tiñan reservada....terían que tela.
O venres volvin a chamarlle para saber si ma tiñan. Gabri díxome que non dera falado con Gelucho.
O sábado chameille outra vez. Xa souben a resposta. Non hai máis lotería. Pouco despois apareceu Gabri polo Jarito, e cando lle dixen que falara con quen quixera, pero que eu teño que ter a lotería...dime que non é culpa del, que el non levaba ese tema.
Ó final non teño lotería. Tendo ademáis da reservada a oportunidade de collela doutros xeitos, e que non collín por contar con aquela. Eu non a teño, o Viga non a ten, Pitiso non a ten...e non sei si alguén máis. Supoño que máis haberá. Unha vez se deu o paso para poñerlle recargo á lotería e así ter rentabilidade ó feito de vendela: a máis venta máis recadación...non entendo como non pediron máis cantidade...e o que é peor, non entendo como se desfán da que teñen reservada.
Algúns é a primeira vez que están na comisión, pero hai moitos outros que xa foron noutros anos. Varios membros. Varios anos.
Volvo a repetir que ogallá que toque algún premio, e canto maior sexa moito mellor, pero tamén volvo a repetir que esta comisión perdeu, alomenos, a miña credibilidade e o meu apoio no que eu lle pudera axudar, por pouco que fora.
E nada máis.
Sorte.

3.12.09

HISTORIA


A Ponte Cesures

No século II o emperador Trajano ordea a construción en Iria do Pons Cessuris, que pode significar “ponte dos transeúntes”, paso da antiga calzada romana.
A ponte ten construcións de estilo romano, románico e neoclásico, séculos II, III, XII, XVI y XX, en pedra de “sillería” con doce arcos de medio punto i en ambos lados tallamares de prisma triangular.
No ano 1161 o mestre Mateo realiza traballos na ponte antes de pasar a construír o Pórtico da Gloria na catedral.
A ampliación da cabeceira da ponte dende Padrón a Cesures, unha sólida embocadura elevada sobre trece arcos sen imposta, foi construída en estilo neoclásico no século XIX. Os arcos deixan pasar a auga no caso de inundacións.
As obras do século XX fan desaparecer o primitivo deseño clásico. Elimínanse o bonito “petril” de pedra e os refuxios.
A ponte, límite das provincias de A Coruña e Pontevedra, une a cunca esquerda do Ulla, Pontecesures antigo Porto, porto exterior de Iria Flavia, coa parte dereita, Cesures, onde radicaba a Aduana de Padrón ata o traslado a Pontevedra no 1910.
A Ponte foi porto importante na Idade Media. Tiña a exclusiva de carga e descarga na Ría de Arousa, era porto de Compostela. O porto perde calado e posteriormente só é utilizado por barcos pequenos. Nos anos sesenta aproveitase a marea para o transporte de madeira a Vilagarcía, pescado dende Rianxo e produtos agrícolas dende o Salnés. A marea de augas salgadas chega con un retraso de media hora ata Herbón.

ILUSTRES DA PONTE

Tendo a esperanza de que nuns anos esta entrada se poida aumentar en máis nomes, e na espera de poder atopar algún máis por ahí...deixo hoxe a este veciño, que chegou a ser bastante importante no panorama político e deixou unha boa descendencia. Copiado directamente da web. Sen traducir.


Eduardo Gasset y Artime.
Nació en Padrón, El Paraíso, Cesures el 12 de Junio de 1832. A los once años marcha a Madrid y entra a trabajar en el Banco de España. En 1858 es elegido diputado a Cortes por la Villa de Padrón, repite en las siguientes elecciones de 1863.
En 1867 funda en Madrid el periódico "El Imparcial" de tendencia liberal.
En la carrera política es gobernador civil de Pontevedra, concejal de Madrid, subsecretario del Ministerio de Estado y en 1827 Ministro de Ultramar. El periodista y político muere en 1884 en Madrid a la edad de 52 años. Su nieto fue José Ortega y Gasset.

25.11.09

El pastor y el camello


Deixo un relato do cal se propón a Paulo Coelho como o seu autor. Non sei si será...pero está bastante entretido.

El Pastor y el Camello

Cuando el corazón señala una dirección, nada, ni el peso de todas las estrellas, puede borrar ese camino.

El joven pastor Mahmad vivía con un sueño: expresar físicamente su amor por un camello (uno en concreto, que nadie piense que era un follacamellos). Pero no se atrevía a manifestar su deseo en público, a pesar de lo mucho que le amaba, ya que su sociedad era muy tradicional y practicar coito con criaturas con joroba estaba muy mal visto (razón por la cual el más rico de la aldea era Ahmed, el de la ortopedia).

Por culpa de este amor secreto y prisionero, el joven pastor fue acumulando estrés, tanto que a veces se arrancaba mechones de pelo y se los comía. Aquello no se convirtió en un auténtico problema hasta que se le acabaron los pelos de la cabeza y empezó con los de la cabeza de otra gente.

De modo que una noche el joven pastor acudió al viejo sabio de la aldea, que regentaba asimismo un club de putas (porque la sabiduría no le daba para mantener su tren de vida). El joven pastor le contó su trastorno, su amor hacia un camello en concreto y su ansia por manifestar este sentimiento de manera física. El sabio escuchó atentamente. Luego, apuró su pipa de crack, y se pronunció con la sabiduría que tanta fama le había dado en la comarca:

-A veces, joven pastor, las estrellas se alinean con el corazón y nos colman el espíritu de deseos en apariencia irrealizables. Pero lo cierto es que no hay deseo irrealizable. El corazón es una brújula que marca la dirección de la felicidad. Sigue el camino que te trace y allí hallarás a un hombre esperándote.

-Pero yo no busco a un hombre, yo busco a un camello -dijo el joven pastor. A lo que el sabio replicó:

-Ese hombre, joven pastor, serás tú mismo. Y por favor, deja de comerte mi pelo.

Al salir del "Club del Sabio, mamadas y consejos", el joven pastor comprendía por fin que cualquier cosa es posible si uno la desea sinceramente.

Así que se dejó guiar por su corazón, y el corazón le llevó hasta el camello a quien tanto amaba, que en ese momento pululaba por el desierto nocturno, ajeno a los ojos que, con tanto amor, le observaban. El joven pastor se acercó al camello, extrajo su pene con suavidad y empezó a penetrar al animal por el sentimental orificio de la parte trasera. Y el camello, que desconocía que todas las cosas, grandes y pequeñas, están interrelacionadas, asestó una salvaje coz al joven pastor rompiéndole la espina dorsal por dos sitios diferentes.

El joven pastor agonizó tumbado boca arriba en la arena, mientras un fluido negruzco manaba por su nariz y sus orejas. Era, sin duda, el flujo de la felicidad. Y allí, en mitad del desierto, mientras contemplaba las estrellas sobre su cabeza, el joven pastor comprendió que la voluntad puede vencer cualquier obstáculo siempre y cuando drogues antes al camello.

13.11.09

NOVAS CAMISETAS


Xa temos decidido o deseño das novas camisetas para o equipo da Ponte.
Agardamos que vos guste a todos...aínda que non nos importa moito.

1º TORNEO PES2010 PARA PLAY STATION2


Sábado, dende as 15:00 da tarde.
No JARITO.
1º torneo de PRO EVOLUTION SOCCER 2010
INSCRICIÓN E PREMIOS A CONVIR ENTRE TODOS OS PARTICIPANTES.
SI ALGÚN VAI XOGAR E NON PODE ESTAR ÁS 15:00 QUE FACILITE ANTES DESA HORA O EQUIPO CO QUE QUERE XOGAR.
OS QUE NON TEÑAN DADA RESPOSTA DESA HORA NON SE CONTA CON ELES.

15.10.09

CRÓNICA

Pois aquí da comezo a crónica da III XUNTANZA GASTRONÓMICA “A PONTE EXISTE!!!”

Comezou o día con un pequeno madrugón, para ir a xogar ás 9:00. O resultado non importa, pero soamente vos direi que o vindeiro Domingo teremos que remontar 3 goles. A cita: ás 13:00 horas no campo de Baño.

Logo de alí fumos(o Viga i eu) a tomar as cervexas ó Bar Muelle cos compañeiros do equipo. E de alí de volta ó campo a ver o partido do equipo de Juli, que tiña importantes novidades, entre a que destacaba a presencia de LLOGUET. A ver o que dura.

Ás dúas da tarde fumos ó Farrucán, onde máis ou menos nos xuntamos todos, e logo de tomar unha volta dirixímonos á CAMBEIRA, que realmente fora o punto de partida no que quedáramos de reunirnos.

Case con puntualidade inglesa chegamos ó BAR MANOLO e logo de sentarnos, asentarnos, levantarnos, volvernos a asentar, cambiar platos, etc, procedemos á degustación do cocido. Na mesa había uns pinchos: mexillóns á vinagreta, empanada de carne asada(recomendada) e queixo con aceitunas. Mentras íamos rematando cos pinchos, José, ca súa nova imaxe, comezaba a servir o cocido: fontes con cachuchas enteiras, chourizos, grelos, costilla, garbanzos....etc. Aínda que eu soamente comín orella, chourizo, grelos e garbanzos, ninguén protestou por nada, polo que todo debería estar ben. Hai que lembrar que algúns non ían a comer o cocido(aínda que algún o comeu, sendo un dos que dicía que non lle gustaba), e puideron tomar polbo á feira e carne asada.

Tralo postre o café, e logo da pequena inxesta de viño, chegou o prato forte. Algún non daba feito nin se daba decidido si tomar o café con caña, ou tomar un LK, ou mollar o puro en coñac, ou tomar unha copa de coñac, ou guindarlle LK ó café, ou botarlle unhas pingas de café á caña....ou que facer. Ó final, algún case fixo de todo. A gran maioría fixo de case todo o citado...incluso houbo quen fixo máis.

A partires de ahí, e logo dunha pequena sobremesa, decidiuse desfrutar da terraciña do bar, e mentres uns simplemente tomaban o fresco, outros xogábamos ó TRUCO. Había tempiño que non xogaba. Perdín unha partida e gañei outra.

Fíxose noite e algúns xa tomaban cubatas. Cando xa case non había con quen falar decidimos marchar de alí, para ir á festa a Leiro. Eu fun á casa, a cagar. Os demáis foron a tomar outra á de farruco. Ben, houbo quen desapareceu....e non se soubo del ata máis tarde. Cando máis ou menos nos xuntamos outra vez decidimos ir para Leiro, aínda que houbo quen prefireu tomar algo por San Lois.

Fumos para Leiro. O coche de Máximo levábao Martina, que era a que menos bebera. Tomamos unha no bar de arriba e baixamos para diante do palco, que é onde realmente é a festa. E a partires de ahí...pois o de sempre: brincos, bailes, cubatas, cervexas, etc...e ata que non puidemos máis fumos aguantando alí...

Máximo, Martina, María i eu marchamos ás 4. Viga e Myriam marcharan sobre as 3 e media. Castromán levaba un par de horas a durmila entre o bar e o coche. Guan, Kily, Peras e a SALAMANDRA FUCK viñeron canda nós. Ruben e Silvia xa marcharan directos da de Manolo, case como Espy que tiña unha cea en Vigo. Sbeik xa tampouco chegara a ir a Leiro. “FOISE FORA” en San Lois e tivérano que levar á casa. Rachel, Iria “a china”, Iria “a de Jelús”, Patri, Fidel, Manuel, Kuruf e Nuria creo que quedaron ata o final da festa, xunto con Duby e Olalla tiveron que aguantar a Killo, Terry e Piru ata a Ponte. Ben, minto: a Piru e a Terry tivéronos que levar á CHANTECLAIR. Piti e Mónica xa non viñeron a Leiro, supoño que irían tamén a CHANTE. E nada máis. Soamente decir que estivo de puta nai esta nova edición, e a ver si para a seguinte xa podemos contar con todos dende o principio.

Podería ser máis extensa a crónica, pero o certo é que non teño moitas ganas de escribir. Tamén podría haber fotos, pero eu, pardillo de mín, non comprobei si tiña as pilas xunto coa cámara, e quedáranme no coche na Cambeira, e aínda que non estaba moi lonxe, non me apetecía ir a buscalas. Agardo que os que as quitaron vaian facendo as súas aportacións.

Un saúdo caralludo.

A PONTE EXISTE!!!

6.10.09

III XUNTANZA GASTRONÓMICA

Domingo. 11 de Outubro de 2009. 15:00 p.m. BAR MANOLO.

Estas son as cordenadas necesarias para acudir a unha nova cita con un dos produtos típicos da gastronomía galega. Logo dunha primeira degustación no FARRUCAN na Ponte, na que a improvisación foi a base do divertimento, e nos levou a incluso, desfacer unha bicicleta en Padrão e a rematar na festa en (laíño, dodro, imo...non sei como se chama o sitio, xa que ó pasar lestrove cara rianxo é todo dodro ata chegar a BEXO); e tras a segunda xuntanza no PEMEMENTO en Seira, na que aínda que a comida non fose do agrado de todos, a tremenda tarde que nos pegamos na terraza xogando ó truco na espera de ir á inauguración de Chanteclair(VAIA MERDA) pagou a pena; chega unha nova edición-degustación do COCIDO GALEGO, desta volta no BAR MANOLO na Matanza, coa esperanza de mellorar as edicións anteriores ou alomenos igualalas, e coa idea de ir a rematar o asunto á festa a Leiro.

Teremos algunha que outra baixa con respecto a edicións anteriores, pero serán suplidas, e con creces, polas novas incorporacións.

Con respecto ó local, xa case todos o coñecemos. O cumpreanos de Martina estivera de puta nai, e xa non falemos da cea do entroido, con Jose(o dono) deleitándonos coa súa presenza en pixama e zapatillas de casa.

O bo tempo parece ser nos vai a acompañar, e agardemos que se cumpran as previsións de METEOGALICIA

E nada máis. Igual actualizo esto antes da fin de semana, pero si non é así, tende por seguro que a vindeira actualización será a crónica da III XUNTANZA GASTRONÓMICA A PONTE EXISTE!!!

2.10.09

SÁBADO Á NOITE CHURRASCADA: CUMPRE DE PATRISIA.



A ver si o espíritu das antigas reunións se volve a pasar por alí, e nos achega unhas botellas de LK, que unha botella de "HIJOPUTA" xa a levo eu. Dende hoxe ata mañán á noite porase a tono na nevera.
¿voltaremos a ver o amencer nalgunha outra churrascada? A saber...
¿voltaremos a ter recital de chistes por parte de alguén de nós? A saber...
¿voltaremos a desfrutar das discusións sempre ben levadas e aguantadas entre algúns dos asistentes? A saber...
O que si é sabido é que predisposición non nos falta. A min polo menos.

1.10.09

DUFF

Pois hoxe deixo unha foto que me vai facer gañar unhas pelas extras...xa que certo compañeiro de curro, algo inxenuo el, non me creía que houbese cervexas DUFF á venta. Decía que é unha lenda urbana. Pero non. En certa cervexería de Padrão haina. É un collón de cara, sobre todo para o mal que sabe. Tipo coronita. Cervexa "ajuada". Pero é o que hai. Creo que pajas o chiste de pedir unha DUFF. A pena é que non houbese un camarero feo ó outro lado da barra....
Veña. Nada máis por hoxe. Vémonos.


29.9.09

I MEMORIAL VICTORIANO TRENCO FUTBOL 7

E ó final...no último suspiro, logo de aguantar heroicamente as embestidas dos fenómenos...xusto no último minuto...na súa última xogada de ataque( a última do partido foi a nosa ó sacar) meteron o gol. E fora. Para casiña. No sentido figurado da frase, xa que realmente para onde fomos foi para o BAR MUELLE a tomar as cañas do noso particular TERCEIRO TEMPO. Este 3º tempo facémolo soamente 4 ou 5 xogadores, máis o entrenador e o presidente de honra, i é unha das causas, quizáis a máis importante de xogar nunha liga os domingos á mañán. O certo é que xa se comezaba a extrañar...logo do paron do verán. A partires de agora, e unha vez rematado este torneo, tocará madrugar en serio...xa que nos pode tocar xogar ás 9 da mañán....e ben, aínda que é duro erguerse cedo...o domingo rinde máis.
E nada máis. Soamente desexarlle sorte ó BAR MUELLE para o domingo, xa que penso que son o equipo máis frouxo dos semifinalistas.
Deixo o cadro:

28.9.09

CONCURSO: ADIVIÑA QUEN É


Hoxe vou dar comezo a un concurso curioso. Sei que ninguén deixa comentarios aquí, pero, polo menos podédesvos reir un pouco tratando de descubrir de quen se trata. E aínda que esa cabeleira loira o debería delatar deixovos unha pista: ACTUALMENTE É PROBADOR OFICIAL DE PIRELLI

23.9.09

I MEMORIAL "VICTORIANO TRENCO" FUTBOL 7 VETERANOS


Pois pasamos de ronda. E agora, en cuartos de final vémonos cos vixentes campións de Liga, no Ramón Dieguez de Pontecesures, ás 11:00 da mañá. Trataremos de facelo ben, que por agora o estamos a facer, e a ver si temos un pouco de sorte e os poñemos fora. A ver que pasa. O primeiro que teremos que vencer será o máis que previsible resacón provocado polo cumpreanos do Viga.
XA SABEDES, CLICADE NA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE.

21.9.09

E FUN PESCAR....

...e mellor que non fora.
E fun. E pesquei. Claro que pesquei. Pesquei unha molladura quenilavirgen. E vin a luz. E fixenme unha promesa: NON FACERLLE MÁIS CASO Á PUTA PÁXINA DO CARALLO E NON VOLTAR A IR PESCAR A DEBAIXO DA PONTE DE CATOIRA.
A marea estaba baixa de todo, xa que aínda que tiña idea de ir sobre as 10:00 da mañá...cheguei a Catoira ás 11:30. Pouco despois chegou Barrikelo e nada. Nin unha triste picada. Incluso un vello que andaba ó camarón se queixaba de que non hai peixe na ría: "nin peixe nin camarón sequera". Andaba con un copo, e non daba feito a quitar para ensaladas...pero o que se di tallada...nin a primeira. Segundo nos dixo este é dos peores anos que lembra. Disque antes baixaba i en 10 minutos enchía un caldeiro de camaróns...algúns para pescar e os outros para xantar. E que co paso dos anos... tiña que ir pasando máis e máis tempo para enchelo...pero que o enchía. Este ano...nin o enche....
Ben, esto xa eu o sabía e non precisamente por experiencia propia, xa que teño oído na aldea as historias de que antes se podía ver perfectamente o fondo do rio(ULLA), que cando ían a pescar todo o mundo collía algo, que se lavaba a roupa no propio río...e todas esas cousas que antes se facían...e agora, por unhas ou por outras non se poden facer.
E nada máis. Tratarei de convencer a algún compañeiro máis para ver si se ven o sábado pola mañá a algún sitio máis na costa: Porto do Son, Xuño, ou incluso xa case me serve Rianxo.
Seguirei informando.

18.9.09

MAÑÁN A VER SI VOU PESCAR

Todo depende dos graos que colla hoxe...e dado que non vou ir a Rianxo...pois tratarei de erguerme mañán e aproveitar para ver si collo algo.
Con case toda seguridade os meus colegas a pesquen durante a noite, polo que eu agardo pescala pola mañán.
Hai xa ben de anos que non vou á Guadalupe... e o certo é que non noto en falta nada... sobre todo dende que en BALAIDOS tomaron a rianxeira como himno de seu... ¡¡¡que verjuensa, carallo!!! Dende aquela non canto a Rianxeira nin que mo paghen. E non me importa que sexa unha canción GALEGA. Hai moitas máis. E mellores. Tampouco é que cantase nunca a rianxeira nas festas de Rianxo... pero...dende aquela, nin escoitala.
E nada máis. Deixovos a táboa de mareas para ver si vos serve a algún de vós...e para ver si é certo o que di.
Sorte.

P.D.: AGARDO QUE A PRÓXIMA ENTRADA NESTE BLOG SEXA REFERENTE ÁS MIÑAS CAPTURAS.

15.9.09

I MEMORIAL VICTORIANO TRENCO



Deixo o cadro clasificatorio do torneo. O vindeiro Domingo xogamos ás 11. Estades todos invitados ó Ramón Dieguez de Pontecesures.

Non se ve moi ben, e para velo pinchade na foto, pero xa vos digo eu: DESIGUAL-XOIERÍA RIVEIRO (0-0) É decir que se decidirá todo na volta.

14.9.09

OBRADOIRO DE CONSERVAS




Domingo 20 de setembro no convento de Herbón (Padrón)
Imparte Aurora Calviño, bióloga e monitora de agricultura ecolóxica
• 11:00 horas
Recollemos a froita e aprendemos cousas novas sobre a conservación
• 13:00 horas
Xantar. Traede o voso da casa, nós poñemos o café como de costume
• 14:30 horas
Práctica na cociña:: obradoiro de conservas.
Nota: é importante que traiades tarros de cristal e/ou recipientes de plástico para
as conservas. De forma voluntaria tamén podedes colaborar con azucre de caña
ecolóxico.
Inscrición:
Envíanos un mail a sementar@gmail.com ou chámanos ao 617 260 670
Socios/as: 3 euros
Non socios/as: 5 euros
Organiza:
Colaboran:

31.8.09

ANDRÉ OLIVEIRA, CAMPIÓN DE ESPAÑA



El deportista más destacado del equipo de Pontecesures, André Oliveira, integrante esta temporada del combinado nacional en el Europeo y Campenato del Mundo 2009, ha obtenido este fin de semana unos resultados sobresalientes en el Campeonato de España Senior, celebrado en el embalse de Pontillón de Castro de Verducido (Pontevedra).
Sus mejores resultados han sido en embarcación individual, siendo en la distancia de C-1 500 metros bronce en categoría senior y a la vez Campeón de España sub-23; en la distancia del C-1 200 metros se ha proclamado, con autoridad sobre sus rivales, campeón de España Senior y a la par sub-23.
Por parte del equipo han participado otros tres deportistas más siendo estos los resultados:
  • C-4 1.000 metros: André-Álvaro-Javi-Adri: 11º puesto.
  • C-4 500 metros: André-Álvaro-Javi-Adri: 6º puesto.
  • C-2 200 metros: André-Adri: 10º puesto.
  • C1-500: André: 3º puesto; 1º sub-23.
  • C1- 200: André: 1º puesto; 1º sub-23.
Con esta competición se pone el punto y final a las competiciones de pista senior de esta temporada 2009, siendo este próximo fin de semana el turno para los infantiles, en el mismo escenario, con la disputa del Campeonato de España para dicha categoría.


Esta entrada está copiada directamente do blog do CLUBE NÁUTICO DE PONTECESURES.

27.8.09

PRO EVOLUTION SOCCER 2010


Boas a todos. Xa teño reservado o PES2010. Agardo telo na casa o día seguinte á súa saída ó mercado. O certo é que andamos rozando o frikismo absoluto, e refírome ós que habitamos o JARITO as tardes dos sábados do inverno. Cos nosos torneos de "PRO", os nosos cafeces e coñaces, os quintos, os chupitos de LK, as partidas de poker, as degustacións de chocolate, o goce da compaña da tía María,... pero sobre todo polos torneos de PRO. Hai que decir que ó fin e ó cabo esto non sería posible si o SUPERCONCELLEIRO e TENENTE ALCALDE do concello de padrón non prohibise a entrada ó centro social da PONTE, xa que á parte que dende o momento daquela decisión o centro social perdeu a metade da súa vida e actividade, consolidamos O JARITO como O VERDADEIRO CENTRO SOCIAL DA PONTE. Ben, nada máis por hoxe. Só lembrar que o sábado iremos facer PAINTBALL a cacheiras. A ver que pasa. Que non se manque ninguén, que somos moi bravos....e medio embriagados máis. Sorte. Un saúdo caralludo. ESCOLLEDE UNHA OPCIÓN E AXUDÁDEME: 1 Aumentar a poboación http://a-ponteceibe.myminicity.es 2 Aumentar a industria http://a-ponteceibe.myminicity.es/ind 3 Millorar a rede de transportes http://a-ponteceibe.myminicity.es/tra 4 Aumentar a seguridade http://a-ponteceibe.myminicity.es/sec 5 Millorar o medio ambiente http://a-ponteceibe.myminicity.es/env DISFRUTADE, BEBEDE E TRINCADE, NON VOS PIDO MÁIS.

24.8.09

AHÍ VAI OUTRO....

HOXE A ENTRADA VAI ADICADA A PITI.
E vai para el xa que se pode decir que hoxe da comezo a conta atrás oficialmente. Logo dunha primeira despedida este pasado sábado, e agardando a segunda do sábado que ven...hai que lembrar que estamos ante un novo e doloroso reto(HEPÁTICAMENTE FALANDO), xa que se agarda unha dura loita por alcanzar a pole etílica o vindeiro 5 de Setembro na Casa Emilio de Catoira.
Hai varios favoritos para a victoria final, e aínda que pode haber algunha baixa respecto ás vodas do ano pasado... nas apostas sempre aparecen os mesmos candidatos: Kuruf, Terry, Killo, O propio Piti....Penki...Peras, Máximo, Guan....ufff...é que en realidade...Piru, Sbeik....joder...todos son candidatos.
E nada máis. Soamente comentar o típico: que sexan felices e ... que Mónica teña coidado del, sobre todo no cruceiro, que todos coñecemos a lenda de JACQUES COUSTEAU.


21.8.09

SAN ROQUE 2009

Ben, pois logo duns días de impacente espera....por fin aparecen as primeiras fotos de colleita propia dos días da festa.
Estou a subilas a un album na web, pero mentras tanto, vou deixando por estes lares a
lgunha delas.
Como por exemplo a penosa imaxe que nos deparou a mañá do sábado, logo da longa noite bañada polo licor café(LK) e polas augas do Ulla. Neste caso queda un fermoso video.




Deixo tamén algunha que outra foto do torneo de estornela, na que a gran decepción foi a eliminación nas primeiras roldas do equipo gañador da pasada edición e que partía como favorito. Este ano o Trenco ten que estar calado, xa que Lloguet non tivo o seu día, e claro, o "BAR OBRADOIRO" non fixo nada. Quizáis deberon confiar en Mato, xa que á parte de ser o único equipo con equipaxe completa tiñan un suplente.



O ambiente foi inmellorable, varias xeracións déronse cita no campo da Insua para desfrutar do xogo, uns directamente e outros a conta dos xogadores. Cousa normal, dado o pouco estilo e a escasa calidade dalgúns dos mesmos.




Outro detalle a salientar é a mellora que levamos a cabo no equipo de "MAFERCA-A PONTE EXISTE!!!". Xa que subimos case un 4% a nosa puntuación respecto ó ano pasado. Tamén hai que decir que para este ano fichamos a un enxeñeiro, coa esperanza de que atopase a fórmula necesaria para aplicar de xeito adecuado a nosa forza.





Ó final os gañadores resultaron ser "A PONTE", que para eso era o combinado con maior media de idade, facendo valer a súa experiencia na final contra os "JONASES". Pola tarde o sempre agardado derbi solteiros-casados. Logo de alomenos 4 anos de sequía por parte dos solteiros, este ano fixéronse co trofeo nunha emocionante tanda de penaltis.
O día 16 comezou con unha importante resaca(polo menos pola miña parte) provocada polo puto jarrafón...e que somente me pasou ó tomar unha clariña antes de ir á sesión vermú. Unha vez medio recuperado, pola tarde apurei a coller un bo sitio para as cucañas, e aínda que a cámara non deu para máis...coido que as fotos son bastante boas. A mellor sen dúbida foi a da segunda bandeira da tarde, collida por Fidel, e que sen dúbida foi a mellor bandeira que eu vin na miña vida, colléndose xusto na punta, e coa sensación de que si o pau fose máis longo o collería igual.

As bandeiras volveron a quedar na Ponte, por enésimo ano consecutivo. Penso que dende que Andrés o de Morono viña ás cucañas...ninguén que non fose da Ponte levou outra.
Este ano non houbo moita xente, a pesares de ser Domingo. Supoño que o bo tempo tería algo que ver, xa que a xente preferíu ír para a praia. Agardemos que para o ano que ven a asistencia sexa maior, e que o tradicional xogo estea máis preto de ser declarado de interese turístico ou cultural.

E nada máis por hoxe, que xa lle chega de carallo.

Soamente darlle a noraboa á comisión de festas saínte, que aínda que non puxeran moita ansia nas cousas, fixeron boa festa, con fogos artificiais incluidos...E darlle ánimos á comisión entrante, que boa falta lles fan.

Por certo, a ver si me dou feito coa lista dos nominados para facela pública neste medio.

Un saúdo caralludo a todos.

A PONTE EXISTE!!!

19.8.09


Ben, pois hoxe adico esto ó meu can.
Na foto sae cun dos seus irmáns.
Esta foto foi sacada o día que se separaron, e cando cada un levou o seu cachorro para a súa casa.
Non sabía que poñer, pero atopei a foto esta fuchicando no ordenador...e deixóvola aquí.
Un saúdo a todos e xa nos veremos.

14.8.09

BÚSCASE GRAFITEIRO


Pois ben, o título da entrada de hoxe tamén podería ser: OFRÉCESE PAREDE PARA GRAFITI.
E como poderedes intuir algúns, a parede é a do JARITO. Supoño que ó mellor os grafiteiros prefiren facer as súas obras sen o permiso necesario para pintar... digo eu, vamos...pero por si acaso eu digo onde é, e máis o que quixéramos que reflexase... e a ver que pasa.
Pois eso, o único que queremos é que se saiba que o edificio en cuestión é O JARITO. Home, eu tiña feito un bosquexo...pero non son profesional do tema nin moito menos, e claro está que o fixen dende o meu punto de vista. Ó mellor algúns dos asistentes ó local non lle gusta, ou non comparte certa parte do debuxo... pero...xa digo, é o meu punto de vista. Tampouco lle imos pejar unhas hostias ós amijos de PePe, entre outras cousas porque ó meu sojro e á miña señora os quero moito. E algún máis que aínda que non diga nada....se lle nota un collón.
E nada máis por hoxe. Deixovos. Que me está tremendo o fígado...e o estómajo xa comeza a surruchar acidez, preparando o corpo para esta fin de semana....aaaaaaay....que alejría, que emosión!!!
Por certo, xa temos as camisetas para a festa.
Un saúdo caralludo e, A PONTE EXISTE!!!

P.D.: Non sei si actualizarei estes días, pero por si a caso.. BOAS FESTAS. E solteiros da Ponte(i esto vai con adianto porque xa intúo o resultado), tranquilos, que para o ano.....TAMPOUCO GAÑAREDES

13.8.09

15-16 DE AGOSTO


Ben, pois hoxe vou recomendarvos que pasedes esta fin de semana pola Ponte.
Non é por fardar de festas, que tamén, pero penso que debe de ser o único sitio onde os días de festa non hai case tempo para xantar coa familia. Comezamos o víspera con algunha que outra actividade acuático-festiva....provocada polo espertar dos nosos impulsos pesqueiros, que os da Ponte, de unha maneira ou outra levamos herdados dos nosos ancestros. Ben, eso e mais o alcol.
Xa o día 15, a partires das 10:00 da mañá da comezo o torneo de estornela, que nos terá no campo da Ínsua ate o comezo da sesión vermú. Unha vez rematada esta, pois cada quen vai para a súa casa(algún incluso á do veciño a tomar o último) e repóñense forzas para enfrontarse pola tarde ós do estado civil contrario. Sobre este tema, agardo que os solteiros fagan algo de forza desta volta, pero....non creo. Logo do partido veremos á canteira de pandereteiras/os da Asociación Cultural VIA XIX. E a partires de ahí...comeza a desgustación dos diversos "LICORKA" de cada quen, e que aínda que no meu caso sexa comprado, xa tomo a ANTONIO MONTERO como da familia. Pola noite, o tradicional botellón e ..... ate ahí polo ler...
O día 16 da comezo entre legañas nos ollos, gafas de sol, caras pálidas ou demasiado coloridas...e algún que outro amago de poteo.
Seguramente teremos que rematar o torneo de estornela, e algúns(os máis aburridos) van á misa na honra de SAN ROQUE*. A partires de ahí, repítese o do día anterior, coa salvidade de que ás 18:00 da tarde da comezo o principal acto das festas: as CUCAÑAS. E unha vez rematadas, refrejámonos coma porcos á parede, dentro da voluminosa espuma, á caza dos pequenos dentro da espuma para tiralos; e dos grandes, fora da espuma para metelos dentro.
Logo desto, e trala pertinente ducha, retomamos a romería do LICORKA....para coller velocidade para o botellón....e...ate o día 18 non hai ninguén pola aldea.
Así son as festas da Ponte.
Pódenche gustar ou non e poida que non veñan as coñecidas como mellores orquestras, pero nós non traemos espectáculos deses que pasan 3/4 de actuación falando.
Pero si non che gustan....é porque non viñeches a elas.



*SAN ROQUE É DA PONTE, NON DE IRIA.

12.8.09

A PONTE EXISTE!!!

Hola a todos.
Hoxe da comezo unha nova andaina interactiva, da que tratarei de ir actualizando periódicamente o seu contido, aínda que sexa semanalmente.
Un saúdo caralludo e
A PONTE EXISTE!!!