21.9.09

E FUN PESCAR....

...e mellor que non fora.
E fun. E pesquei. Claro que pesquei. Pesquei unha molladura quenilavirgen. E vin a luz. E fixenme unha promesa: NON FACERLLE MÁIS CASO Á PUTA PÁXINA DO CARALLO E NON VOLTAR A IR PESCAR A DEBAIXO DA PONTE DE CATOIRA.
A marea estaba baixa de todo, xa que aínda que tiña idea de ir sobre as 10:00 da mañá...cheguei a Catoira ás 11:30. Pouco despois chegou Barrikelo e nada. Nin unha triste picada. Incluso un vello que andaba ó camarón se queixaba de que non hai peixe na ría: "nin peixe nin camarón sequera". Andaba con un copo, e non daba feito a quitar para ensaladas...pero o que se di tallada...nin a primeira. Segundo nos dixo este é dos peores anos que lembra. Disque antes baixaba i en 10 minutos enchía un caldeiro de camaróns...algúns para pescar e os outros para xantar. E que co paso dos anos... tiña que ir pasando máis e máis tempo para enchelo...pero que o enchía. Este ano...nin o enche....
Ben, esto xa eu o sabía e non precisamente por experiencia propia, xa que teño oído na aldea as historias de que antes se podía ver perfectamente o fondo do rio(ULLA), que cando ían a pescar todo o mundo collía algo, que se lavaba a roupa no propio río...e todas esas cousas que antes se facían...e agora, por unhas ou por outras non se poden facer.
E nada máis. Tratarei de convencer a algún compañeiro máis para ver si se ven o sábado pola mañá a algún sitio máis na costa: Porto do Son, Xuño, ou incluso xa case me serve Rianxo.
Seguirei informando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario