16.4.10

16 de Abril de 1981

O incesante movemento fornicacional promovido pola profecía do nacemento do FANECA comezaba a dar os seus froitos. Á aldea xa chegaran un par de fémeas e o número de mulleres preñadas na Ponte comezaba a superar a ducia nunha proxeción sen iguais. Isabel e Cortés xa tiñan un neno na casa, e ardían en desexos de que o terceiro bebé nado na aldea nese ano tamén fose muller.
Era xoves. Xoves Santo e quizáis a última cea de Xesús cos seus colegas fose outra premonición, xa que nacer séculos despois de dita celebración non auguraba outra cousa que non fose ¡¡¡FESTA!!!
Cortés sabía que aquel ano ía a aforrar nas chilindradas da Pascoa co seu primoxénito, xa que Isabel estaba a piques de botar un ansia fóra...e vaia si a botou. Non foi nena, como Isa quería, pero maneiriñas tiña. Eso sí, soamente foron uns días. Pronto o xen CORTÉS saíu a relucir e o neno comezou a follarse a todo o que caía na súa cuna: osiños de peluche, robots de xoguete, almofadas, ....todo. Era o primeiro varón nado na aldea aquel ano. Pero non era o elixido. Este estaba por chegar.
O pequeno de Cortés pronto comezou a despuntar en deportes individuais empuxado polo seu pai, e un día, logo de sacarlle os rodíns á bicicleta, seu pai agasallouno con unha bici de carreiras. O rapaz prometía, ata que un mal día un conductor despistado o afastou dos seus soños. Estragoulle a bicicleta e o seu futuro. Aquel sprinter sen rivais non voltou a ser o mesmo...e cambiou a bicicleta polos guantes de porteiro. O resultado foi peor para todos nós e sufrímolo cada partido no pavillón.
O neno comezaba a facerse un home, incluso antes do que á súa nai lle gustaría. O rapaz sentíase atraído pola noite e os arcos convertíanse no refuxio perfecto para largarlle uns pitilliños; un home que sabe fumar bota o fume despois de falar. Como decía, á súa nai non lle gustaba que o neno andivese por ahí, e incluso trataba de castigalo por fumar: "hoxe non saes" decíalle, pero el non atendía a razóns e o impulso por desfrutar cos amigos empuxábao a decir cousas que a súa conciencia non filtraba: "OU ME DEIXAS SAÍR OU RÁJOME!!!" berraba cun coitelo da cociña na man. E claro saía. Saíamos.
Vagou moito tempo polas noites da redonda ata que certa moza o chapou para seu gozo e disfrute. O xen dos Cortés veuse dese xeito levado á súa máxima potencia. E ata hoxe...seguen a facer tremer as paredes do Jarito, que sufren o efecto dominó das paredes do chalé...
A profecía seguía o seu curso e os machos da Ponte comezaban a aparecer no ano despois do nacemento do FANECA. En SUNSET BOULEVARD nacía o primeiro da xeración. Neste caso, o primeiro non foi o mellor. ¿Quizáis o seguinte sería o sinalado? En maio sabremos a resposta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario