26.3.10

2 de Abril de 1980


Lémbrome daquel 2 de Abril. Chovía. Moito. E menos mal. O río xa case botaba por fóra. Os pasales do Pombal estaban anegados. O voso señor Xesucristo non tiña conciencia do que estaba a piques de permitir; el que todo o controla(disque). As augas do Ulla baixaban con forza, temerosas porque o acontecemento que se daría aquel día cambiaría a a súa historia. Os vigorosos eucaliptos da Papelera, daquela tan espesa, tremían sabedores de que os seus lombos serían masacrados e pisoteados pola presenza do que estaba por chegar. Eu saltaba de un collón a outro pero xa presentía que aquela inquietude non era normal. Os animais que normalmente desfrutaban da súa estadía na Insua laiábanse, e non só polo feito de que o río puxera en perigo aquel retiro; eran coñecedores de que a boa comida se lles acababa i estaba por chegar a ERA da que os seus ancestros lles falaran, e na que a boa herba sería substituída por simple “pienso”.

E por FIN saíu. Carmen non quería, porque o día anterior picáballe o cú, pero aquel home suxeitado por un bigote non aguantaba as súas ansias e olvidábase de rir polo nariz, soltando un berro de ledicia co puño esquerdo en alto: ¡¡TEN COLA!! E sí. Tiña cola. E aletas laterais. E aleta superior. O ulla xa o sabía. E PIRELLIS integradas. Os eucaliptos tamén o sabían. E as enfermeiras puxéronlle unha bata azul. O burro do seu avó(sen faltar) xa o dixera.

Acababa de chegar ó mundo o FANECA. O futuro creador do imperio e monopolio dos productos agrícola. O hoxe difunto Aurelio propúxolle á súa dona marchar para outras terras. Igual que o hoxe tamén seu compañeiro de retiro, o Xordo. Crían que unha retirada a tempo era unha victoria. O traste co pelo crecho que tiña aterrorizada a media aldea deixou de lado por un momento o bocadillo de Cola-Cao con zucre e subeu ó máis alto dos columpios para cruzar o longueiro superior de un lado ó outro, descalzo, tratando de perfeccionar a súa técnica e impulsado por unha forza superior a el que lle repetía unha e outra vez: “practica Foghete, que o que naceu hoxe pelexarache a hexemonía das cucañas”.

Dende aquel momento os matrimonios da aldea puxéronse a fornicar. Sabían que se achegaba unha época de prosperidade e que como decía a profecía: “o ano seguinte ó do nacemento do FANECA traerá camadas excelentes con resultados inmellorables”. Non se equivocaba. A miña inestabilidade emocional daquel día indicábao. Eu tamén o presentía….

No hay comentarios:

Publicar un comentario