13.8.09

15-16 DE AGOSTO


Ben, pois hoxe vou recomendarvos que pasedes esta fin de semana pola Ponte.
Non é por fardar de festas, que tamén, pero penso que debe de ser o único sitio onde os días de festa non hai case tempo para xantar coa familia. Comezamos o víspera con algunha que outra actividade acuático-festiva....provocada polo espertar dos nosos impulsos pesqueiros, que os da Ponte, de unha maneira ou outra levamos herdados dos nosos ancestros. Ben, eso e mais o alcol.
Xa o día 15, a partires das 10:00 da mañá da comezo o torneo de estornela, que nos terá no campo da Ínsua ate o comezo da sesión vermú. Unha vez rematada esta, pois cada quen vai para a súa casa(algún incluso á do veciño a tomar o último) e repóñense forzas para enfrontarse pola tarde ós do estado civil contrario. Sobre este tema, agardo que os solteiros fagan algo de forza desta volta, pero....non creo. Logo do partido veremos á canteira de pandereteiras/os da Asociación Cultural VIA XIX. E a partires de ahí...comeza a desgustación dos diversos "LICORKA" de cada quen, e que aínda que no meu caso sexa comprado, xa tomo a ANTONIO MONTERO como da familia. Pola noite, o tradicional botellón e ..... ate ahí polo ler...
O día 16 da comezo entre legañas nos ollos, gafas de sol, caras pálidas ou demasiado coloridas...e algún que outro amago de poteo.
Seguramente teremos que rematar o torneo de estornela, e algúns(os máis aburridos) van á misa na honra de SAN ROQUE*. A partires de ahí, repítese o do día anterior, coa salvidade de que ás 18:00 da tarde da comezo o principal acto das festas: as CUCAÑAS. E unha vez rematadas, refrejámonos coma porcos á parede, dentro da voluminosa espuma, á caza dos pequenos dentro da espuma para tiralos; e dos grandes, fora da espuma para metelos dentro.
Logo desto, e trala pertinente ducha, retomamos a romería do LICORKA....para coller velocidade para o botellón....e...ate o día 18 non hai ninguén pola aldea.
Así son as festas da Ponte.
Pódenche gustar ou non e poida que non veñan as coñecidas como mellores orquestras, pero nós non traemos espectáculos deses que pasan 3/4 de actuación falando.
Pero si non che gustan....é porque non viñeches a elas.



*SAN ROQUE É DA PONTE, NON DE IRIA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario