21.8.09

SAN ROQUE 2009

Ben, pois logo duns días de impacente espera....por fin aparecen as primeiras fotos de colleita propia dos días da festa.
Estou a subilas a un album na web, pero mentras tanto, vou deixando por estes lares a
lgunha delas.
Como por exemplo a penosa imaxe que nos deparou a mañá do sábado, logo da longa noite bañada polo licor café(LK) e polas augas do Ulla. Neste caso queda un fermoso video.




Deixo tamén algunha que outra foto do torneo de estornela, na que a gran decepción foi a eliminación nas primeiras roldas do equipo gañador da pasada edición e que partía como favorito. Este ano o Trenco ten que estar calado, xa que Lloguet non tivo o seu día, e claro, o "BAR OBRADOIRO" non fixo nada. Quizáis deberon confiar en Mato, xa que á parte de ser o único equipo con equipaxe completa tiñan un suplente.



O ambiente foi inmellorable, varias xeracións déronse cita no campo da Insua para desfrutar do xogo, uns directamente e outros a conta dos xogadores. Cousa normal, dado o pouco estilo e a escasa calidade dalgúns dos mesmos.




Outro detalle a salientar é a mellora que levamos a cabo no equipo de "MAFERCA-A PONTE EXISTE!!!". Xa que subimos case un 4% a nosa puntuación respecto ó ano pasado. Tamén hai que decir que para este ano fichamos a un enxeñeiro, coa esperanza de que atopase a fórmula necesaria para aplicar de xeito adecuado a nosa forza.





Ó final os gañadores resultaron ser "A PONTE", que para eso era o combinado con maior media de idade, facendo valer a súa experiencia na final contra os "JONASES". Pola tarde o sempre agardado derbi solteiros-casados. Logo de alomenos 4 anos de sequía por parte dos solteiros, este ano fixéronse co trofeo nunha emocionante tanda de penaltis.
O día 16 comezou con unha importante resaca(polo menos pola miña parte) provocada polo puto jarrafón...e que somente me pasou ó tomar unha clariña antes de ir á sesión vermú. Unha vez medio recuperado, pola tarde apurei a coller un bo sitio para as cucañas, e aínda que a cámara non deu para máis...coido que as fotos son bastante boas. A mellor sen dúbida foi a da segunda bandeira da tarde, collida por Fidel, e que sen dúbida foi a mellor bandeira que eu vin na miña vida, colléndose xusto na punta, e coa sensación de que si o pau fose máis longo o collería igual.

As bandeiras volveron a quedar na Ponte, por enésimo ano consecutivo. Penso que dende que Andrés o de Morono viña ás cucañas...ninguén que non fose da Ponte levou outra.
Este ano non houbo moita xente, a pesares de ser Domingo. Supoño que o bo tempo tería algo que ver, xa que a xente preferíu ír para a praia. Agardemos que para o ano que ven a asistencia sexa maior, e que o tradicional xogo estea máis preto de ser declarado de interese turístico ou cultural.

E nada máis por hoxe, que xa lle chega de carallo.

Soamente darlle a noraboa á comisión de festas saínte, que aínda que non puxeran moita ansia nas cousas, fixeron boa festa, con fogos artificiais incluidos...E darlle ánimos á comisión entrante, que boa falta lles fan.

Por certo, a ver si me dou feito coa lista dos nominados para facela pública neste medio.

Un saúdo caralludo a todos.

A PONTE EXISTE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario