3.12.09

HISTORIA


A Ponte Cesures

No século II o emperador Trajano ordea a construción en Iria do Pons Cessuris, que pode significar “ponte dos transeúntes”, paso da antiga calzada romana.
A ponte ten construcións de estilo romano, románico e neoclásico, séculos II, III, XII, XVI y XX, en pedra de “sillería” con doce arcos de medio punto i en ambos lados tallamares de prisma triangular.
No ano 1161 o mestre Mateo realiza traballos na ponte antes de pasar a construír o Pórtico da Gloria na catedral.
A ampliación da cabeceira da ponte dende Padrón a Cesures, unha sólida embocadura elevada sobre trece arcos sen imposta, foi construída en estilo neoclásico no século XIX. Os arcos deixan pasar a auga no caso de inundacións.
As obras do século XX fan desaparecer o primitivo deseño clásico. Elimínanse o bonito “petril” de pedra e os refuxios.
A ponte, límite das provincias de A Coruña e Pontevedra, une a cunca esquerda do Ulla, Pontecesures antigo Porto, porto exterior de Iria Flavia, coa parte dereita, Cesures, onde radicaba a Aduana de Padrón ata o traslado a Pontevedra no 1910.
A Ponte foi porto importante na Idade Media. Tiña a exclusiva de carga e descarga na Ría de Arousa, era porto de Compostela. O porto perde calado e posteriormente só é utilizado por barcos pequenos. Nos anos sesenta aproveitase a marea para o transporte de madeira a Vilagarcía, pescado dende Rianxo e produtos agrícolas dende o Salnés. A marea de augas salgadas chega con un retraso de media hora ata Herbón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario